Onte pola tardiña estivemos no NOVOCINE de Leiro nunha charla-coloquio.Con membros da Coordenadora no Ribeiro estiveron uns 80 veciños.Deuse a coñecer Gráficos onde se ve como afecta a nosa Comarca do Ribeiro plenamente a ubicación prevista:
-a 15 km estarán pobos do concello de Leiro ou Cenlle
-a 20 km pobos de Beade, Carballeda de Avia,pobos como Laias..
-a 25 km pobos de Ribadavia, todo Castrelo de Miño…todo o resto da comarca.
Das intervencions das asociacions convidadas facemos un resumo:
Susana Bayo-ACCION VERDE DE GALICIA:
Falou das consecuencias da INCINERADORA
-nos verquidos líquidos: na depuración de gases, nos lixiviados que pode haber ata 200 sustancias contamiñantes diferentes.
-nas Cinzas : das 400.000 toneladas ano de residuos- quedarán 120.000 toneladas de Cinzas con residuos perigosos que deberán tratarse no Vertedeoiro de Perigosos que hai que facer ó lado da Incineradora.
-Emisions de Gases: CO2…vapor de auga …halóxenos…oxidos…nitrosos..
e os mais perigosos Dioxinas e Furanos (que pode ter efectos canceríxenos)
e Metales Pesados (mercurio e outros moitos…)
Falou de cómo eso afecta a saúde dos que vivimos no entorno, o ambiente,ó sistema inmunitario, a cadea alimentaria, as augas, tamén as termais, os cultivos…etc
Falou de que hai Alternativa. Puxo en valor a actividade de RECICLAXE que xenera traballo limpo e actividade económica que agora non existe en Galicia e hai que levar fora, e da Compostaxe.
Tamén sinalou as consecuencias no Cambio Climático que pon en risco a nosa vida actual, tamén os cultivos actuales do viño…
María Durán. AMIGOS DA TERRA:
Falou que con Sogama non baixou a producción de lixo, máis ben DUPLICOUSE nos últimos 10 anos.
Dixo que o 50% do lixo doméstico é Materia Orgánica suscetible de aproveitamento por compostaxe.
Que non tén sentido QUEIMAR todo,perden do ese recurso.
Que Sogama actualmente ENTERRA en vertedoiro a metade do lixo que trata.
Que é mentira que sirva para xerar enerxía eléctrica, posto que a incineradora GASTA MÁIS enerxía da que produce.
Outra mentira é o número de postos de traballo.Según toneladas vai tratar como máximo habería 56 postos de traballo.
Que non tén sentido que o lixo producido nas grandes cidades e areas máis pobladas se traia a incinerar e almacenar as zonas rurais que poucos residuos producen.
Falou de que as sustancias que se emiten son moi contaminantes e só se coñece un 20% …dioxinas,metais pesados,partículas que van o ar son un risco importante.As que van as augas, e os solos pasan a cadea trófica .
O lixo porque se queime non desaparece, transformase: as particulas que van ó aire…e as cinzas (1/3 do que se queima) esixe un VERTEDOIRO DE PERIGOSOS ó laso de onde se pon Incineradora.
Logo houbo un coloquio que demostra o interés da xente por saber, inda que tamén é patente que os que queren saber xa demostran nas intervencions un alto coñecemento na materia.

