AGORA………….SI

Agora Sí .
Desta vez o goberno da Xunta SI quere facer unha Incineradora no Ribeiro.
De forma cínica algúns disfrazaronse unha tempada.
Pero en segredo, cecais pola noitiña, andiveron matinando.
E un gran negocio. Un bó negocio para un bó amigo.
Primeiro propuxeron modificar o PLAN DE RESIDUOS DE GALICIA…Claro, co que aprobou o goberno socialista e nacionalista non era posible facer esa Macroplanta co lixo e Incineradora.
Por eso se modifica o Plan de residuos.
Pero non fan un proxecto coas características técnicas: canto lixo se vai traer, canto e que tipo de lixo se vai queimar,que emisions se van facer a atmosfera, que impacto ambiental vai ter no solo e na auga..
Tampouco se fai unha Exposición Pública para que os afectados aleguen.
A empresa beneficiaria dixo que xa saben onde.E que varios ayuntamientos a aceptan (BALTAR E ROGELIO ANDIVERON POLOS POBOS)….Pero NON DIN ONDE.
Tampouco se fai un Concurso…Para que calquer empresa, “en la libre concurrencia”,”en el libre mercado”…poida presentarse ó negocio.
O PP é tradicionasl en todo. O goberno de FEIJOO dalla A DEDO a uns coleguillas. Tempo atras andivo por Burgos a pechar o trato.
E aproveitan que se fai un Concurso Eólico, para ADXUDICAR UNHA INCINERADORA.
O que nunca se víu.
E coma se fan un concurso para comprar un coche, e adxudican a compra dun baixo comercial.
O maior desprecio ás leis e as normas da Admonistración Pública.
…Agardamos as reaccións. De TODOS.
Alguns silencios…fan moito ruído.
Os que dixeron non,nin xiquera a industrias de reciclaxe dos distintos subproductos, supoñemos que dirán NON máis alto contra unha INCINERADORA, para producir electricidade QUEIMANDO o lixo ata 900.000 toneladas ano, durante 50 anos, e tratando e almacenando o que produce Galicia enteira (o doble que a planta de Sogama),e co anuncio de que tamén traerán lixo para queimar do resto de España.
Asi se concretaba na información de varios medios, en especial EL PAIS, días pasados.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s