A Xunta RECTIFICA????

A Xunta RECTIFICA de novo?

Primeiro Modificaron o Plan de  residuos de Galicia para crear unha INCINERADORA no Sur de Galicia, no rural ,para traer alí unha xigantesca Planta co lixo das grandes cidades do Sur…Buscaron a dedo á empresa,por suposto amiga.Déronlle unha concesión no Plan eólico…184 Megawatios. A cambio dunha inversión de 240 millons de euros…co monopolio para queimar todo o lixo que quixeran, pagando os concellos e veciños, durante 50 anos…

Primeiro buscaron ubicación no Ribeiro….andiveron de noite convencendo veciños,comunidades de montes,…o presidente do Pp e da deputación removeu todo para conseguílo…probou varios sitios…Cortegada…Melón…entre outros….Pero a movida contra Incineración fíxolle cambiar os Plans…

Foron buscar ubicación á LIMIA….Buscaron terreos…comprometeron alcaldes….prometeron postos de traballo nas Eleccións…pero os Veciños fixeronnos fuxir coa Incineradora a outra parte..

Foron a Dozón…tiñan todo ven preparadiño…

E de repente alguén dixo que o lugar era o IRIXO.

En principio Baltar pai e fillo, Marnotes..,e demáis nada tiñan que obxetar.O alcalde e concelleiros puxeron prezo os terreos….E os veciños das Comarcas todas de Ourense apoiaron a sua loita. E a comarca toda saiu con eles.E concellos coma Carballiño tiveron que pronunciarse contra un proxecto que era a ruína da comarca.E ata Baltar dixo que o lugar non era bó.E Feijoo dixo que a cuestión era de uns metros máis aló ou acó…

E AGORA FEIJOO DÍ QUE NUNCA QUIXERON FACER A INCINERADORA…

Evidentemente queren aplazála ata despois das Eleccións…

QUÉN VAI CREER A FEIJÓO..???

Advertisements
Aparte | Posted on by | Deixar un comentario

Charla Informativa en LEIRO

Onte pola tardiña estivemos no NOVOCINE de Leiro nunha charla-coloquio.Con membros da Coordenadora no Ribeiro estiveron uns 80 veciños.Deuse a coñecer Gráficos onde se ve como afecta a nosa Comarca do Ribeiro plenamente a ubicación prevista:

-a 15 km estarán pobos do concello de Leiro ou Cenlle

-a 20 km pobos de Beade, Carballeda de Avia,pobos como Laias..

-a 25 km pobos de Ribadavia, todo Castrelo de Miño…todo o resto da comarca.

 Das intervencions das asociacions convidadas facemos un resumo:

Susana Bayo-ACCION VERDE DE GALICIA:

Falou das consecuencias da INCINERADORA

-nos verquidos líquidos: na depuración de gases, nos lixiviados que pode haber ata 200 sustancias contamiñantes diferentes.

-nas Cinzas : das 400.000 toneladas ano de residuos- quedarán 120.000 toneladas de Cinzas con residuos perigosos que deberán tratarse no Vertedeoiro de Perigosos que hai que facer ó lado da Incineradora.

-Emisions de Gases: CO2…vapor de auga …halóxenos…oxidos…nitrosos..

  e os mais perigosos Dioxinas e Furanos (que pode ter efectos canceríxenos)

 e Metales Pesados (mercurio e outros moitos…)

 Falou de cómo eso afecta a saúde dos que vivimos no entorno, o ambiente,ó sistema inmunitario, a cadea alimentaria, as augas, tamén as termais, os cultivos…etc

 Falou de que hai Alternativa. Puxo en valor a actividade de RECICLAXE que xenera traballo limpo e actividade económica que agora non existe en Galicia e hai que levar fora, e da Compostaxe.

Tamén sinalou as consecuencias no Cambio Climático que pon en risco a nosa vida actual, tamén os cultivos actuales do viño…

María Durán. AMIGOS DA TERRA:

Falou que con Sogama non baixou a producción de lixo, máis ben DUPLICOUSE nos últimos 10 anos.

Dixo que o 50% do lixo doméstico é Materia Orgánica suscetible de aproveitamento por compostaxe.

Que non tén sentido QUEIMAR todo,perden do ese recurso.

Que Sogama actualmente ENTERRA en vertedoiro a metade do lixo que trata.

Que é mentira que sirva para xerar enerxía eléctrica, posto que a incineradora GASTA MÁIS enerxía da que produce.

Outra mentira é o número de postos de traballo.Según toneladas vai tratar como máximo habería 56 postos de traballo.

Que non tén sentido que o lixo producido nas grandes cidades e areas máis pobladas se traia a incinerar e almacenar as zonas rurais que poucos residuos producen.

Falou de que as sustancias que se emiten son moi contaminantes e só se coñece un 20% …dioxinas,metais pesados,partículas que van o ar son un risco importante.As que van as augas, e os solos pasan a cadea trófica .

O lixo porque se queime non desaparece, transformase: as particulas que van ó aire…e as cinzas (1/3 do que se queima) esixe un VERTEDOIRO DE PERIGOSOS ó laso de onde se pon Incineradora.

Logo houbo un coloquio que demostra o interés da xente por saber, inda que tamén é patente que os que queren saber xa demostran nas intervencions un alto coñecemento na materia.

 

 

 

| Deixar un comentario

REUNIÓN COORDINADORA VENRES DÍA 13 DE XANEIRO

O venres día 13 de xaneiro a Coordinadora do ribeiro en contra da incineradora convoca a todas as asociacións e colectivos a unha reunión que se celebrará no Bar Campeón en Beade ás 7 da tarde. Queremos convidar a todos os colectivos que aínda non se atopan adheridos á causa a que asistan a esta reunión.

Moitas Gracias.

| Deixar un comentario

mail

lembramos mail para contacto Coordenadora

incineranon@gmail.com

| Deixar un comentario

Reiniciando…actividade Coordenadora

O anuncio por parte da Xunta de Feijoo da ubicación da INCINERADORA en O IRIXO,reanuda a nosa actividade contra o almacén e queimador da basura doméstica das grandes urbes nunha comarca rural ourensá veciña.Por elo onte celebramos unha reunión dos colectivos asociados, á que seguirán outras.Concluimos:

1.Consideramos que esta ubicación nos afecta de forma DIRECTA. A Planta Incineradora, coa sua contaminación, vai estar a 10 km (en liña) de lugares emblemáticos do Ribeiro .Lugares do concello de Leiro como Gomariz ou San Clodio.Lugares do concello de Cenlle….Tendo en conta que nun radio de 25-30 km a afección é directa,consideramos que o Ribeiro estamos directamente afectados .

2.Manifestamos a nosa solidariedade cos veciños da comarca de Carballiño, como antes o fixemos cos da comarca da Limia e da area de Ourense.

3.Estamos contra a Incineración sexa onde sexa.Hai outras formas de xestionar os residuos sólidos urbans. Galicia tivo un Plan de xestion que promovía o reciclaxe, a compostaxe e promovía ir reducindo ata que non sea necesario o recurrir a incinerar o lixo e poidera pecharse a planta existente. A Directiva Europea e a nova Lei marco de Residuos así o plantexa. Por eso o PP tivo presa en facer unha Modificación do Plan de residuos de Galicia antes de entrar esa normativa máis restrictiva en vigor. Por eso fixo unha modificación só para crear a Incineradora.Por eso tivo presa en adxudícala nun proceso administrativo alleo como foi o Concurso Eólico.Iste é un negocio de Feijoo,para os seus amigos.

4.Chamamos os que no pasado se teñen pronunciado contra proxectos de reciclaxe, a que agora que SI hai un proxecto concreto para Almacenar e Queimar 400.000 toneladas de lixo, esixan transparencia,participación,opinión das comarcas afectadas,que non se faga no rural o traballo suxo das grandes cidades,e o fagan coa belixerancia do pasado.

5.Feijoo acaba de chegar ó limite da prepotencia, aprobando unha Lei pensada para que o proxecto de Incineradora NON se someta os trámites ambientais que prevé a lexislación actual.Unha Lei que lle permita impoñer a expropiación, os trámites de audiencia e participación, o cumplimento das Leis. Non hai que olvidar que esta será unha EMPRESA privada, que terá un réxime de MONOPOLIO dun Servizo Público, sen competir con outras, sen concurso público, financiada con diñeiro público, e sostida coas gravosas TASAS que terán que pagar os Concellos.Por certo anunciase que será para toda Galicia, non só para o sur (o que fai prever que se pensa pechar a que existe en Cerceda e queimar aqui o Millon de Toneladas que produce Galicia e pode que algunhas das que a empresa xestiona en Castela-León).

Chamamos os concellos e institucións, as asociacions de veciños,ambientalistas,organizacions sindicais,agrarias…a persoas a que se pronuncien en contra desta instalación de forma rotunda,así o expresen polos medios que teñan e se integren nesta Coordenadora,que continua aberta para elo.

A próxima Reunión, despois do Nadal, celebrarase nun lugar do Concello de LEIRO.

 

| 1 comentario

REUNIÓN COORDINADORA

A coordinadora da Plataforma INCINERANON, en contra da Incineradora de Residuos convoca a todas as asociacións a unha reunión para o Martes as 7 da tarde na casa da cultura de Ribadavia. Trataremos o tema da instalación da planta incineradora no Irixo.

| Deixar un comentario

Folla Informativa ós Veciños do Ribeiro

| Deixar un comentario

COMUNICADO ÓS VECIÑOS ANTE O 22 M

 

                                  COMUNICADO ÓS VECIÑOS DO RIBEIRO

 O Goberno da Xunta do PARTIDO POPULAR modificou o Plan de Xestión dos Residuos Urbanos de Galicia (Consello Xunta 13 xaneiro 2011) sen facer caso as alegacións presentadas, creando o chamado Complexo de Residuos Urbanos e Incineradora do Sur de Galicia, en contra do previsto no Plan do goberno anterior da Xunta.

Esta Planta de Basuras e Incineradora prevé QUEIMAR sobre 500.000 Toneladas de lixo cada ano.

Custará sobre 250 Millons de Euros.

Dalle a Concesión durante os próximos 50 anos para queimar o lixo e producir electricidade.

Pero antes da aprobación definitiva, a Xunta do Partido Popular xa decidiu a EMPRESA beneficiaria (ESTELA EÓLICA), na Resolución publicada no DOG do 28 de decembro de 2010 que adxudica os Parques Eólicos.

Antes de ter aprobado o Plan de residuos e resolver as alegacións contra a Incineradora, o PP xa decidíu darlle a Concesión por 50 anos a unha empresa de Castela-León .Todo un pelotazo: Parques Eólicos e a Planta queimadora do Lixo do Sur de Galicia por medio século.

O Goberno da Xunta do PARTIDO POPULAR esconde o Proxecto que defina as características da Instalación. O Goberno da Xunta non indica a UBICACIÓN do Concello onde a vai instalar nin a COMARCA que vai arruinar. O Goberno do PP nin pon a exposición pública o seu proxecto nin fai Estudo de Impacto Ambiental nin somete o proxecto a Concurso Público.

O Goberno da Xunta do PP anda a xogar á “ruleta rusa” nas diferentes comarcas da Provincia: O Ribeiro, a Limia,Ourense,Celanova,Carballiño,…tamén na da Cañiza, Lalín…

O Presidente Feijoo PARALIZOU o Parque de Empresas de Reciclaxe, que facilitaba a instalación de empresas e postos de traballo . O mesmo Presidente Feijoo acorda crear unha PLANTA DE ALMACENAMENTO E INCINERACIÓN DO LIXO DO SUR DE GALICIA.

Todo parece indicar que esta Planta a poñerán no entorno da Comarca do Ribeiro sen indicar en qué  Concello ata despois do 22 de Maio.

Por elo debemos MANTER unha OPOSICIÓN ROTUNDA ó Proxecto do Goberno do PARTIDO POPULAR E DE FEIJOO de construir a PLANTA INCINERADORA tendo en conta que o impacto negativo será para un radio de acción amplo (30 ou40 Km).

Debemos MANTER unha OPOSICIÓN PREVENTIVA contra o PARTIDO POPULAR como organización impulsora do Proxecto co seu presidente Nuñez Feijoo, o presidente da deputación Baltar Pumar, o presidente do PP Baltar Blanco, e o delegado da Xunta Rogelio Martínez.

Esixímoslle que nos digan os Veciños antes do 22  de Maio ONDE VAN INSTALAR A PLANTA DE BASURA DO SUR E A INCINERADORA .

Esíxello  no teu Concello.

9 de Maio de 2011

| Deixar un comentario

Runión con Colectivos Ecoloxistas e Coordenadoras Outras Comarcas

Hoxe tivemos unha Reunión en Ourense. Estivemos con varios colectivos ambientais : Greenpeace co seu responsable de Residuos, Amigos da terra, Accion Verde de Galicia.

Tamén nos xuntamos coa Plataforma contra a Incineradora da LIMIA, un grupo de Verea (Celanova), grupo de A Peroxa (Ourense).Disculparonse grupo Comarca do Deza.

As organización da Provincia de Ourense acordamos constituir unha Entidade Coordenadora da Provincia de Ourense.

O movemento contra alanta do Lixo e a Incineradora MEDRA.

Esiximos TODOS que o goberno da Xunta de Feijoo DIGA antes do 22 de Maio ONDE queren instalar o que chaman COMPLEXO de Basura do Sur.

Que digan qué CONCELLO e qué COMARCA van matar.

E o digan antes do 22 de Maio. Porque temos dereito. Para poder creerlle algo.

E llo esiximos o PARTIDO POPULAR. En cada Concello, en cada Comarca, na Provincia.

| Deixar un comentario

Volve Baltar á ruleta rusa de a quén lle cai a ChernobilIncineradora

Baltar volve a sacar a polémica sobre a INCINERADORA que o goberno do PP na Xunta decidiu facer para Almacenar e Queimar o Lixo que se produce nas cidades e pobos do Sur de Galicia.

Para sacar a presión de unha ou outra comarca, de un ou outro Concello, según calculados intereses electorais, van movendo a Incineradora de un a outro lado.

Curioso que sea Baltar, presiodente da Deputación, quén leva a cabo iste malvado xogo.

Como se decidir a condena a morrer de unha ou outra Comarca fose algo tolerable.

E…¿qué pinta Baltar decidindo ONDE o goberno da Xunta sitúa o queimador de 500.000 toneladas de lixo?

Si Baltar non fala co goberno da Xunta, si andan a facerse listas uns contra os outros entre os dous bandos do PP…

Da mal que pensar que represente unha pelea por algo que NINGUÉN quer, que ningún Concello desea….

Baltar tén tanto INTERÉS por algo que non é competencia nin cometido seu, que só provoca rexeite da xente…¿A CAMBIO DE QUÉ? ¿QUE SACA UN HOME A PUNTO DE XUBILARSE DESTO?…

| Deixar un comentario