Reiniciando…actividade Coordenadora

O anuncio por parte da Xunta de Feijoo da ubicación da INCINERADORA en O IRIXO,reanuda a nosa actividade contra o almacén e queimador da basura doméstica das grandes urbes nunha comarca rural ourensá veciña.Por elo onte celebramos unha reunión dos colectivos asociados, á que seguirán outras.Concluimos:

1.Consideramos que esta ubicación nos afecta de forma DIRECTA. A Planta Incineradora, coa sua contaminación, vai estar a 10 km (en liña) de lugares emblemáticos do Ribeiro .Lugares do concello de Leiro como Gomariz ou San Clodio.Lugares do concello de Cenlle….Tendo en conta que nun radio de 25-30 km a afección é directa,consideramos que o Ribeiro estamos directamente afectados .

2.Manifestamos a nosa solidariedade cos veciños da comarca de Carballiño, como antes o fixemos cos da comarca da Limia e da area de Ourense.

3.Estamos contra a Incineración sexa onde sexa.Hai outras formas de xestionar os residuos sólidos urbans. Galicia tivo un Plan de xestion que promovía o reciclaxe, a compostaxe e promovía ir reducindo ata que non sea necesario o recurrir a incinerar o lixo e poidera pecharse a planta existente. A Directiva Europea e a nova Lei marco de Residuos así o plantexa. Por eso o PP tivo presa en facer unha Modificación do Plan de residuos de Galicia antes de entrar esa normativa máis restrictiva en vigor. Por eso fixo unha modificación só para crear a Incineradora.Por eso tivo presa en adxudícala nun proceso administrativo alleo como foi o Concurso Eólico.Iste é un negocio de Feijoo,para os seus amigos.

4.Chamamos os que no pasado se teñen pronunciado contra proxectos de reciclaxe, a que agora que SI hai un proxecto concreto para Almacenar e Queimar 400.000 toneladas de lixo, esixan transparencia,participación,opinión das comarcas afectadas,que non se faga no rural o traballo suxo das grandes cidades,e o fagan coa belixerancia do pasado.

5.Feijoo acaba de chegar ó limite da prepotencia, aprobando unha Lei pensada para que o proxecto de Incineradora NON se someta os trámites ambientais que prevé a lexislación actual.Unha Lei que lle permita impoñer a expropiación, os trámites de audiencia e participación, o cumplimento das Leis. Non hai que olvidar que esta será unha EMPRESA privada, que terá un réxime de MONOPOLIO dun Servizo Público, sen competir con outras, sen concurso público, financiada con diñeiro público, e sostida coas gravosas TASAS que terán que pagar os Concellos.Por certo anunciase que será para toda Galicia, non só para o sur (o que fai prever que se pensa pechar a que existe en Cerceda e queimar aqui o Millon de Toneladas que produce Galicia e pode que algunhas das que a empresa xestiona en Castela-León).

Chamamos os concellos e institucións, as asociacions de veciños,ambientalistas,organizacions sindicais,agrarias…a persoas a que se pronuncien en contra desta instalación de forma rotunda,así o expresen polos medios que teñan e se integren nesta Coordenadora,que continua aberta para elo.

A próxima Reunión, despois do Nadal, celebrarase nun lugar do Concello de LEIRO.

 

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.

1 Responses to Reiniciando…actividade Coordenadora

  1. rastas di:

    temos que jodernos co goberno Feijoo, xa non lles valen os recortes, senon que agora nos botan a merda. Ourense sitio distinto, Ourense martir

Deixar un comentario