A Xunta RECTIFICA????

A Xunta RECTIFICA de novo?

Primeiro Modificaron o Plan de  residuos de Galicia para crear unha INCINERADORA no Sur de Galicia, no rural ,para traer alí unha xigantesca Planta co lixo das grandes cidades do Sur…Buscaron a dedo á empresa,por suposto amiga.Déronlle unha concesión no Plan eólico…184 Megawatios. A cambio dunha inversión de 240 millons de euros…co monopolio para queimar todo o lixo que quixeran, pagando os concellos e veciños, durante 50 anos…

Primeiro buscaron ubicación no Ribeiro….andiveron de noite convencendo veciños,comunidades de montes,…o presidente do Pp e da deputación removeu todo para conseguílo…probou varios sitios…Cortegada…Melón…entre outros….Pero a movida contra Incineración fíxolle cambiar os Plans…

Foron buscar ubicación á LIMIA….Buscaron terreos…comprometeron alcaldes….prometeron postos de traballo nas Eleccións…pero os Veciños fixeronnos fuxir coa Incineradora a outra parte..

Foron a Dozón…tiñan todo ven preparadiño…

E de repente alguén dixo que o lugar era o IRIXO.

En principio Baltar pai e fillo, Marnotes..,e demáis nada tiñan que obxetar.O alcalde e concelleiros puxeron prezo os terreos….E os veciños das Comarcas todas de Ourense apoiaron a sua loita. E a comarca toda saiu con eles.E concellos coma Carballiño tiveron que pronunciarse contra un proxecto que era a ruína da comarca.E ata Baltar dixo que o lugar non era bó.E Feijoo dixo que a cuestión era de uns metros máis aló ou acó…

E AGORA FEIJOO DÍ QUE NUNCA QUIXERON FACER A INCINERADORA…

Evidentemente queren aplazála ata despois das Eleccións…

QUÉN VAI CREER A FEIJÓO..???

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.

Deixar un comentario